O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá a tenda Tres Sesenta Deportes en Porto do Son. Nese escenario informou de xa se pode descargar e usar o Bono Deporte de 120 euros facilitado a familias que teñan fillos, de entre 6 e 16 anos, que estean federados ou inscritos no programa escolar de fomento da actividades deportivas Xogade. Trenor aproveitou a súa visita para coñecer como está a funcionar este bono, activo dende o luns.