Numerosas praias da comarca, e agora tamén doutros puntos de Galicia, tinguíronse de branco nas últimas xornadas pola chegada des pellets de plástico procedentes dun cargamento que un mercante perdeu en augas portuguesas. A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, estivo esta mañá no porto de Aguiño para embarcar rumbo a Sálvora, onde tamén chegaron estas boliñas de plásticos. Alí confirmou que os pellets non son tóxicos xa que neste caso é o material usado para fabricar envases para alimentos e botellas.