20 noviembre, 2026
Image default

CENTENARES DE VOLUNTARIOS ENCHERON OS AREAIS DO BARBANZA PARA LIMPALOS DOS PELLETS DE PLÁSTICO. A OPOSICIÓN PIDE Á XUNTA A VERDADE E TRABALLO PARA ELIMINAR ESTES RESIDUOS DAS PRAIAS GALEGAS

Centos de persoas acudiron onte ao chamamento realizado dende as redes sociais para limpar os pellets nos areais barbanzáns afectados pola súa chegada. En Ribeira houbo varios puntos nos que se traballou para intentar retirar estas pequenas bolas de plástico que cada vez chegan a máis praias. Onte grupos de voluntarios cos seus coadores, cubos e mans estiveron quintando pellets no Vilar, Espiñeirido, A Ladeira e Balieiros, un esforzo que o alcalde da localidade, Luís Pérez Barral, agradeceu e tamén realizou. En Muros tamén se mobilizaron veciños para limpar a praia de Area Maior e Ancoradoiro, ao igual que nos sonenses areais de As Furnas e Queiruga e en Carnota, concretamente en Lariño.

Related posts

O MEXILLÓN REDUCE A SÚA CALIDADE DESPOIS DO VERÁN

CloudyX

A FEDERACIÓN GALEGA DE NATACIÓN BUSCA LÍDER

CloudyX

OS EQUIPOS DE EMERXENCIAS DA COMARCA INCREMENTAN AS SÚAS SAÍDAS POLAS INCIDENCIAS REXISTRADAS CO ARRANQUE DO MAL TEMPOOS EQUIPOS DE EMERXENCIAS DA COMARCA INCREMENTAN AS SÚAS SAÍDAS POLAS INCIDENCIAS REXISTRADAS CO ARRANQUE DO MAL TEMPO

CloudyX