Esta mañá celebrouse en Santiago a entrega dos Premios Artesanía de Galicia 2023, unha cita que viviu a súa undécima edición e na que houbo tres nomes propios. Francisco Millán gañou o Premio Artesanía de Galicia pola súa obra Noray, representando valores que definen unha artesanía competitiva no mercado actual; Alberto Añón levou o Premio Bolsa Eloy Gesto pola súa proposta para seguir formándose no mundo da artesanía e o deseño; e Agapito González o Premio Traxectoria. Agapito faleceu apenas uns días despois da decisión do xurado, e o galardón recolleuno súa muller no seu nome.

