A praza do Concello de Ribeira acolleu onte a primeira concentración convocada pola recentemente constituída plataforma por un Transporte Público Digno para o Barbanza. Unha mobilización á que se sumou máis dun centenar de veciños na que se reclamou unha mellora do servizo que na actualidade conta con numerosas carencias para os seus usuarios.

