Terceira fin de semana de novembro, terceira parada da ruta + que tapas, organizada pola Mancomunidade Barbanza Arousa. Logo de percorrer Rianxo e Boiro, foi a quenda da Pobra que gozou coas propostas gastronómicas elaboradas polo Xanxo, o Galeón, a Bolera e o London. Neste último local, apostaron por unha tapa protagonizada pola carne e o queixo.