Dende a tarde de onte, o Museo do Gravado de Artes conta cunha nova exposición no seu interior. A figura de Pablo Picasso segue moi viva a través das súas obras e das técnicas que utilizou para darlle forma. 52 artistas afondaron no linogravado dixital, técnica empregada polo pintor malagueño e inspirados en Picasso elaboraron diferentes obras nos talleres realizados no museo de Artes entre o 2022 e o 2023. impartidos polos profesores José Fuentes, Antonio Navarro e Isabel Carralero, da Universidade de Salamanca.