Esta mañá o PSOE e Junts anunciaron o seu acordo político para posibilitar a investidura de Pedro Sánchez. Os equipos negociadores pecharon nos últimos días os flecos dun pacto no que se inclúe a Ley de Amnistía, aínda que este punto, un dos máis polémicos, será presentado a vindeira semana. As dúas forzas achegaron posturas para pechar este pacto que achega un novo Goberno encabezado por Pedro Sánchez xa que o PSOE alcanzou xa acordos con Sumar, ERC, Bildu e BNG, aínda que falta a alianza co PNV. O candidato socialista á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, valorou de forma positiva o acordo entre os socialistas e Junts.