O marisqueo non pasa polo seu mellor momento. Os profesionais de Noia finalizaron a súa campaña con só oito días de traballo pola falta de recurso e onte tiveron que poñerse de novo a roupa de auga para limpar a cría que apareceu nos areais tras o paso da borrasca Domingos.