Unha das firmas con máis relevancia na comarca é Congalsa que leva anos reinventando a súa forma de traballar adaptándose á actualidade. A empresa vén de conseguir un novo avance xa que evitou a emisión de 4.232 toneladas de CO2 á atmosfera da man de Endesa. Unha cifra equivalente á capacidade de absorción de máis de 7.100 árbores durante 40 anos.




