A Consellería de Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a detección de cinco exemplares de aves silvestres afectados por gripe aviaria. Casos confirmados polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete, en Madrid. Trátase de exemplares de gaivota patiamarela (un no concello de Ribeira e catro no de Porto do Son), atopados algúns mortos e outros con sintomatoloxía clínica. Esta enfermidade pódese transmitir ás persoas pero solo en casos moi concretos: ao manipular aves que teñan este virus.