O vindeiro ano botará a andar en Galicia unha iniciativa pioneira en España. Trátase do Proxecto Xenoma Galicia, unha iniciativa que reunirá o ADN de 400.000 galegos para identificar variantes xenéticas de alto risco e poder así detectar enfermidades antes de que aparezan, diagnosticar de forma precoz e ofrecer tratamentos farmacolóxicos individualizados. Así o anunciou esta mañá o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na presentación deste proxecto.

