A confraría de Noia acolleu na tarde de onte unha reunión entre o conselleiro do Mar, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e os profesionais do mar da ría tras un inicio negativo da campaña marisqueira. O titular do departamento de Mar, Alfonso Villares, abriu as portas do Goberno galego para evitar que os mariscadores queden sen ingresos xa que a campaña remata mañá pola falta de recurso.