Unha medida que entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro do 2024 e que beneficiará a máis de 50 mil persoas maiores de 65 anos. Así o confirmou esta mañá Alfonso Rueda na sesión de control ao parlamento galego.
O carné +65 que implantará a Xunta para as persoas maiores de 65 anos incluirá a gratuidade dos autobuses da rede de transporte autonómica, que entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2024, ao ir incluída nos orzamentos autonómicos para o ano que vén.