Os autónomos que emprendan o próximo ano contarán cunha ‘cota cero’ durante os 12 primeiros meses de actividade. Esta é a medida pioneira que presentou o presidente da Xunta de Galicia durante a Mesa do Autónomo celebrada no espazo coworking ‘Dálle que dálle’ en Vilagarcía de Arousa.