Que Corrubedo conte cun caixeiro automático. Esta é a demanda dos veciños da parroquia ribeirense e para conseguilo esta mañá presenaron 1.502 sinaturas en Atención Cidadá do Concello ribeirense para solicitar esta instalación ás entidades bancarias. O portavoz dos veciños, Fernando Vilariña, recorda que non hai caixeiro no lugar dende o 2011.