A autovía do Barbanza rexistra un novo accidente. Este mediodía un condutor, que resultou ferido, saíuse da vía estrada en dirección a Ribeira á altura da Pobra do Caramiñal. Todo apunta a que a persoa que ía ao volante no turismo perdeu o control e terminou por colidir contra a barreira cando se dispoñía a adiantar.

