O teatro cine Elma viviu este sábado unha nova edición das xornadas de divulgación histórica e patrimonial “A Pobra do Caramiñal no Tempo”. Esta sexta cita coa historia do municipio e da comarca foi inaugurada polo alcalde, José Carlos Vidal, a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e o xornalista Manuel Gago.

