Cada 2 de outubro, os membro da Policía celebran a festividade do seu patrón, Santo Anxo Custodio. En Ribeira, a xornada comezou coa tradicional misa que se desenvolveu na igrexa da parroquia de Santa Uxía, á que asistiron oficiais da Policía Nacional, da Policía Local, da Garda Civil e mesmo do exército do aire. Logo foi a quenda do acto institucional onde varios membros do corpo foron galardoados. Recibiron a Cruz ao Mérito policial con distintivo branco, Jorge Outeiral, María del Carmen Olveira e Diego Rodríguez. Tamén se entregaron as medallas á dedicación ao servizo policial a dous policías por levar 20 anos no corpo: Constantino Cernadas e Francisco Gómez.