Nova concentración polas minas de San Finx. Esta mañá diante dos xulgados de Noia a plataforma comarcal denuncia o que consideran ‘ameazas e intimidacións’ por parte da empresa propietaria da explotación mineira emprazada en Lousame, que interpuxo unha denuncia á Ecoloxistas en Acción polo acto simbólico que levaron a cabo este xullo no que taponaban a tubaxe. Precisamente hoxe o director facultativo da mina Iván Losada estaba chamado a declarar por dita acusación