A NOVA EDICIÓN DAS XORNADAS DE DIVULGACIÓN HISTÓRICA E PATRIMONIAL AFONDARÁ NA ARQUEOLOXÍA, MUSICOLOXÍA, LINGUA E ANTROPOLOXÍA POBRENSE E DO BARBANZA
A Pobra do Caramiñal é coñecido polo amplo patrimonio histórico que alberga dentro das súas fronteiras. Conta cun catálogo tan amplo que non moita xente o coñece por iso hai varios anos botou a andar a iniciativa “A Pobra do Caramiñal no Tempo”. Este mes de outubro vivirase a súa sexta edición na que se afondará en diversos ámbitos vencellados co pasado do municipio e da contorna.