O porto comercial da Pobra do Caramiñal está baleiro. O grupo municipal do BNG vén de poñer o foco sobre esta cuestión polo que esta mañá anunciou que no vindeiro pleno municipal, que se celebrará o xoves, levarán unha proposta para que a Xunta dea explicacións para saber por que non amarran barcos no porto comercial pobrense.




