Lousame está a quecer motores para desfrutar un ano máis dunha das celebracións máis agardadas e concorridas: o San Roquiño de Tállara. Hoxe comezou parte das celebracións cunha xornada do Bolo Preñao, a ruta nocturna que comezou ás 21.30 e a dj Party. O domingo será o día sinalado no que se inicien estas celebracións nas que a parte relixiosa ten moito peso.