Escolares, estudantes de FP, usuarios do centro de día de Porto do Son e da Asociación Ambar formaban unha combinación vistosa esta mañá polas rúas do municipio pobrense. O motivo? Tomar conciencia no Día Mundial do Alzhéimer, cunha andaina que rematou diante do Cine Elma.

