O desenvolvemento de obras é unha constante nos diferentes municipios que forman a comarca. No caso de Noia son varios os proxectos que se están a realizar, como o caso da rúa Carcasía ou a mellora da rúa Anxo Senra. Esta última afronta xa o seu final logo de semanas de traballo.