O mundo do xornalismo en xeral e da radio en particular choran a morte dunha das voces máis recoñecidas da profesión. Pepe Domingo Castaño faleceu onte no Hospital da Zarzuela de Madrid de forma repentina aos 80 anos. A emisora na que seguía locutando partidos e dando informacións aos seus oíntes, a Cope, foi a encargada de anunciar onte a triste noticia.