Hai numerosas formas e rutas para facer o camiño de Santiago. Un barbanzán, amante das dúas rodas e das peregrinacións, emprenderá unha nova aventura para chegar á catedral de Santiago. Arturo Piñeiro, que forma parte do Club Barbantia Roda, viaxará a Atenas dende onde partirá esta fin de semana para chegar á praza do Obradoiro en 30 días.




