NELA TRABÁLLASE EN DIFERENTES SERVIZOS COMO O ABASTECEMENTO DE AUGAS, A MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA OU A RENOVACIÓN DAS BEIRARRÚAS
Os traballos de mellora son unha constante nos municipios da comarca. No caso de Noia estanse a desenvolver diferentes traballos ao longo do municipio. Un deles realízase na rúa Carcasía onde os operarios avanzan para rematala o antes posible.