Hai un ano e sete meses que deu comezo a Guerra en Ucraína. Un conflito que tivo tamén efectos en España e en Galicia. Numerosas empresas tiveron que facer fronte a un incremento de custos adicionais que tamén sufriron os consumidores. Agora a Xunta sacou unha liña de axudas extraordinarias de 3,6 millóns de euros destinados neste caso ao sector da acuicultura e mexilloeiro de Galicia.