16 noviembre, 2026

Melloras na seguridade vial en Outes

A Conselleira de infraestructras e Vivenda Ethel Vazquez visitou as obras acompañada da alcaldesa de Outes, Beatriz Molinos e o exalcalde, Carlos López crespo. Ethel Vazquez destacou a importancia desta actuación que vai repercutir nunha mellora da seguridade viaria tanto para os peóns como para os conductores, solicitada polo anterior rexedor coa finalidade de adaptar a estrada ás necesidades dos veciños. As actuación que comezaron no mes de xuño rematarán na vindeira primavera. Nestes días estase a reordenar o ancho da estrada para incrementar o espazo destinado a beirarrúas, que contarán coas dimensións recomendadas pola normativa vixente en materia de accesibilidade. Con estas actuacións manterase o ancho das beirarrúas pola marxe dereita, pero ampliaranse as da marxe esquerda reducindo, para isto o ancho do carril. Ademais, para reforzar a seguridade viaria, realizaranse melloras en varias interseccións, con semiglorietas que permitirán dous cambios de sentido, e coa construción de carrís centrais de espera, ademais da extensión dun novo firme.
Unha das actuacións máis salientables do proxecto será a programada na ponte sobre o río Tines, onde se ensancharán as beirarrúas e se procederá a embelecer a estrutura, coa colocación de pavimento de madeira e voladizo metálico.

Related posts

A XUNTA DE GALICIA AVANZA NA CREACIÓN DE 300 PRAZAS RESIDENCIAIS PÚBLICAS EN OUTES, PORTO DO SON E RIBEIRA

CloudyX

A DEVOCIÓN E A TRADICIÓN PUIDERON HOXE CO MAL TEMPO EN OUTES

CloudyX

E A DIFERENCIA QUE EN OUTES, EN LOUSAME A METEOROLOXÍA SI FIXO MELLA NA CELEBRACIÓN DO SAN ROQUIÑO DE TÁLLARA

CloudyX