A Raíña Letizia presidiu esta mañá a inauguración do novo curso escolar no CEIP Plurilingüe de O Camiño Inglés, no concello de Oroso. Estivo acompañada polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez.