Os pasos de baile non se deben de perder por iso este mes de setembro o ritmo o marcará o Taller Alecrín. O mes da volta ao traballo e do regreso ao colexio ou instituto tamén contará co seu particular inicio de curso no que se refire ao baile. Diferentes puntos da comarca acollerán en setembro obradoiros de baile chamados “Baila con nós” que comezarán este luns día 11.