Setembro conta con numerosas propostas festivas coas que a comarca se despide do verán. Unha das máis agardadas e recoñecidas fóra da contorna é o Nazareno que se celebrará na Pobra entre o 15 e o 18 de setembro. A programación conxuga cultura e relixión, pensada para o desfrute de veciños e visitantes. O pregón correrá a cargo do xornalista Manuel Gago, que amosará o matiz histórico desta celebración e terá lugar o día 15 ás 21.15 horas no balcón da casa consistorial.

