Os equipos de emerxencia viviron unha fin de semana con numerosos avisos no Barbanza. O primeiro foi na madrugada do sábado, cando se estaban a desenvolver as festas de Oleiros. Sobre as 5.00 horas os Bombeiros de Ribeira recibiron un aviso alertando do inicio dun lume nuns contedores situados preto da estrada xeral. A dotación chegou ao lugar e controlou as lapas, que non chegaron a afectar ás vivendas próximas. Ata o lugar tamén se desprazaron patrullas da Policía Local e da Policía Nacional.




