Os meses pasan e xa se encara a parte final do ano. Polo de agora as embarcacións do cerco contan coa meirande parte das especies abertas, pero a sardiña pechará en outubro e o xurelo non se deixa ver en moitos puntos da costa galega. Parte do sector reclama cambios na xestión e nas normativas para coidar o mar e non sobreexplotar as especies.