O Consello da Xunta volveu a reunirse tras as vacacións estivais e hai novos acordos enriba da mesa. Un deles é o convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Cáritas Federadas en Galicia para desenvolver un proxecto piloto de arraigamento para a formación de persoas inmigrantes en situación irregular en sectores nos que precisan man de obra.