A Pobra do Caramiñal está dando as últimas pinceladas para que os espazos nos que se practica deporte ao aire libre estean en óptimas condicións. Por iso o Concello pobrense está a traballar en catro pistas deportivas que nestes momentos están a ser acondicionadas por un importe superior aos 7.000 euros.