Poñer en valor as paisaxes de Ribeira, Boiro, A Pobra e Rianxo e o seu valor patrimonial foi un dos obxectivos que levou á Mancomunidade Barbanza Arousa a crear hai catro anos o festival Paisaxes Sonoras. Unha nova edición está a piques de comezar xa que se vivirá entre o venres e o domingo en diferentes enclaves.

