Esta fin de semana viviuse unha das probas máis tradicionais do remo galego: a Bandeira Teresa Herrera. Nela déronse cita os 25 equipos que reman nas diferentes competicións da Liga Galega de Traiñeiras. A xornada do sábado foi clasificatoria para a final do domingo, pero tamén serviu como unha nova xornada das ligas.

