O verán afronta a súa etapa final na que non faltarán as festas e as verbenas. Noia vestirase de gala novamente para celebrar unha cita tradicional na comarca: o San Bartolomeu, que nesta ocasión comezará o vindeiro día 23 e rematará o domingo 27. Non faltarán as actividades, pensadas para o desfrute de todos os veciños e visitantes.