AS ADMINISTRACIÓNS REXISTRAN UN INCREMENTO DAS SÚAS VENTAS ESTE VERÁN E XA HAI NÚMEROS ESGOTADOS
A ilusión por xogar a Lotaría de Nadal non é algo que só se vive en decembro, se non que ao longo de todo o ano son moitos os que van comprando os seus décimos. O verán é unha das épocas máis fortes xa que as persoas que chegan a visitar a comarca fan parada nas administracións para facerse coa súa participación.