Dende o 12 ao 14 de agosto uns 6 estabelecementos comerciais e tamén de alimentación converterán a praza do Emigrante nun escaparate ao aire libre. A nova edición do Comercio na rúa desenvolverase de 11 a 23 horas en horario ininterrompido para atraer á veciñanza e aos visitantes.