OS EMPRESARIOS PIDEN QUE NON SE PARALICEN AS OBRAS QUE SE ESTÁN A DESENVOLVER NA ACTUALIDADE
O Goberno municipal de Ribeira seguirá adiante coa elaboración dun estudo técnico independente para avaliar as alternativas ao trazado proposto pola Xunta para a circunvalación ribeirense. Un compromiso adquirido por BNG, PBBI e PSOE na anterior lexislatura e que agora o concello desenvolverá.

