Conciliar a vida laboral dos pais e nais galegos é un factor determinante nos campamentos de verán da Xunta de Galicia. Así o sinalou a conselleira de Política Social e Xuventude, na visita desta mañá ao albergue xuvenil de Gandarío no municipio coruñés de Bergondo, onde están a participar 150 mozos e mozas de entre 14 e 17 anos.