No Barbanza continúan, a escasos días das elección xerais, os mitins dos partidos políticos, que buscan o voto para este 23 de xullo. Na Pobra do Caramiñal poucas cadeiras quedaron sen ocupar no teatro do cine Elma, nunha xornada electoral que arrancou coas palabras do portavoz da formación popular no municipio.

