O MUNICIPIO CONTARÁ CON SONS DA VILA ONDE GRUPOS DA COMARCA AMOSARÁN O SEU REPERTORIO
Un ano máis a Pobra do Caramiñal bailará ao son da música. A iniciativa Sons da Vila regresa ao municipio nunha nova edición que levará diferentes propostas ás terrazas pobrenses, que gozarán dunha ducia de concertos entre xullo e setembro.