As lonxas de Galicia seguen a manter unha boa actividade no que vai de ano. Proba diso son os datos publicados na plataforma Pesca de Galicia, dependente da Consellería do Mar. Nos primeiros 6 meses do ano as lonxas galegas comercializaron 57.787 toneladas de peixes e marisco que xeraron uns ingresos de 189,4 millóns de euros.