As rúa da Pobra acollerán por segundo ano seguido a Carreira Solidaria Móvete pola Diabetes. Esta iniciativa, impulsada pola asociación Anedia, conta coa colaboración do concello, do servizo de Deportes e da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza. Esta cita, que suma deporte e solidariedade, celebrarase o vindeiro 29 de xullo. Contará con diferentes categorías: dende a sub6 ata a master masculinas e femininas e zapatilla inclusiva.