O pasado venres tomaron posesión do seu cargo as novas corporacións municipais e tamén os seus gobernos. En Muros houbo un cambio no Executivo, que pasou da popular Inés Monteagudo á coalición BNG-PSOE liderada pola nacionalista María Lago. Apenas leva catro días no cargo, nos que tivo a primeira toma de contacto e nos que se atopou unha situación inesperada.