16 noviembre, 2026

Unha persoa sofre un desmaio e entra en parada cardiorrespiratoria na Praia de Ladeira, en Boiro e un home caeu dende un tellado cando facía unha reparación en Outes

Unha persoa tivo que ser reanimada na Praia de Ladeira, en Boiro, tras sufrir un desmaio e entrar en parada. O seu acompañante contactou co 112 Galicia arredor das cinco e media da tarde para pedir asistencia médica urxente.Os servizos sanitarios trataron de reanimalo. Así, un equipo a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense acudiu ao lugar. Ademais, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia pediu colaboración aos membros do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade e aos axentes da Policía Local e da Garda Civil.
Polo momento, se descoñecen as causas do suceso.

Por outra parte, no termo municipal de outes, Un home resultou ferido de gravidade tras caer dun tellado cando facía unha reparación. O accidente produciuse pouco despois das cinco desta tarde no lugar da Torres. Ata alí se desprazou un equipo médico a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela.
Pola súa banda, o persoal do 112 Galicia informou aos voluntarios de Protección Civil da localidade, que colaboraron co equipo médico nas labores de aterraxe da aeronave. Tamén avisaron aos membros do GES de Muros e aos axentes da Garda Civil.

Related posts

O CAMIÑO DA RÍA DE MUROS-NOIA CONVÉRTESE EN DIFERENCIAL PARA A VÍA QUERINISSIMA

CloudyX

O BNG DE MUROS-NOIA PRESENTA EMENDAS POR MÁIS DE 12 MILLÓNS DE EUROS PARA ATENDER AS NECESIDADES DA COMARCA

CloudyX

MARÍA LAGO CARGA CONTRA OS ORZAMENTOS DA XUNTA

CloudyX